2/10/2009

GÜIANA




Habitantes 764.000
Superficie 214.970 km
Densidade 23 h/km2
Capital Georgetown
Sistema de goberno República presidencialista
Idioma Inglés (oficial), portugués, chinés, hindú, varios dialectos amerindios
Moeda Dólar de Güiana
Continente América do Sur

Güiana é un país de América do Sur. O seu territorio elévase ó sur, nos montes Kamoa, e ó oeste, onde están os montes Pakaraima, continuación dos montes Roraima de Brasil. O seu principal río é o Essequibo, que cruza o país de sur a norte. O seu clima é cálido e húmido. A agricultura, con cultivo de cana de azúcar, arroz, bananeira, café e coco, e as explotacións de bauxita, ouro e diamantes son as principais fontes de ingreso do país. Os primeiros europeos que chegaron a Güiana foron os holandeses, no século XVI. Seguíronos franceses e británicos, que trouxeron escravos para traballar nas plantacións de cana de azucre. Cando se aboliu a escravitude en 1834, chegaron traballadores de Portugal, India e China. En 1966 alcanzou a independencia.

CREPÚSCULO







Esta película é unha das que das mellores que poiden ver na miña vida. Trata dun amor que ten moitas dificultades ó seu redor. O protagonista que se chama Edward é un vampiro e a rapaza que está namorada del, a outra protagonista da película, chamase Bella.
Causou un gran impacto no cine aínda que xa o fixera en EE.UU., as rapazas da miña idade ou aínda máis pequenas se lle preguntas pola pelicula todas che dirán que lles encanta e que xa leron os libros todos.
O único que podo dicir sobre esta película é que e marabillosa e que lla recomendo a todo o mundo que a vexa e, por suposto, que lean os libros porque a verdade e que son fantásticos.
Outra cousa que tamén podo dicir é que o protagonista Edward escríbelle unha nana a Bella e presentovos un vídeo dela para que a poidades escoitar xa veredes como vos gusta.

2/03/2009

"PAPELES MOJAOS"



É moi difícil ser inmigrante. Tamén o é e o foi ser emigrante. Escoita a letra de Chambao e valora.

LETRA DE LA CANCION CHAMBAO - PAPELES MOJADOS (CON OTRO AIRE)

Miles de sombras cada noche trae la marea,
navegan cargaos de ilusiones que en la orilla se quedan.
Historias del día día, historias de buena gente.
Se juegan la vida cansaos, con hambre y un frío que pela.
Ahogan sus penas con una candela,ponte tu en su lugar,
el miedo que en sus ojos reflejan,la mar se echo a llorar.

Muchos no llegan, se unden sus sueño papeles mojaos, papeles sin dueño Muchos no llegan se unden sus sueño papeles mojaos, papales sin dueño

Fragiles recuerdos a la deriva degarran el alma,
cala to los huesos el agua los arrastra sin esperanza.
La impotencia en su garganta con sabor a sal,
una bocanada de aire le da otra oportunidad.
Tanta noticia me desespera, ponte tu en su lugar,
el miedo que en sus ojos reflejan, la mar se echo a llorar.

Muchos no llegan, se unden sus sueño papeles mojaos, papeles sin dueño Muchos no llegan, se unden sus sueño papeles mojaos, papeles sin dueño

Muchos no llegan, se unden sus sueño papeles mojaos, papeles sin dueño
Muchos no llegan, se unden sus sueño papeles mojaos, papeles sin dueño

LUIS FONSI

Luis Fonsi (1978) é un cantante e compositor portorriqueño de música pop. Vendeu máis de 2 millóns de copias de súas 8 discos.



No 1998 lanzou o seu primeiro disco Comezarei que tivo un gran recoñecemento. Iso empurrouno á gravación do seu segundo disco Eterno que se lanzou internacionalmente grazas á gran consolidación en Porto Rico e EE.UU. e chegou a España co single Imaxíname sen ti.
.Ademais no ano 2000 Fonsi participou no Xubileo 2000 onde cantou diante da papa Juan Pablo II. Nese mesmo ano Ednita Nazario levábase un Grammy Latino por unha canción composta por Fonsi e tamén colaborou na homenaxe das vítimas do 11-S na Casa Branca xunto a outros artistas.
No 2002 sorprendeu co disco Amor secreto repleto de baladas "curta-veas". Máis tarde lanzouse versionado en inglés co título de Fight the Feeling en EE.UU. onde tivo un gran éxito.
A finais de 2003 lanzouse o disco de Abrazar a vida onde mostrábase unha faceta de Fonsi máis latina polos seus ritmos e letras.
Despois deste disco apareceu Paso a paso un disco moito máis maduro onde móstrase un Fonsi máis aferrado á vida que nunca e sobre todo, influenciado pola doenza do seu actual esposa Adamari López a quen lle dedica o tema de Paso a Paso, canción que dá nome ao disco e co que consegue disco de ouro en España.
No ano 2006 lanzando á venda o seu primeiro disco de éxitos: Éxitos 98:06 onde recolle todos os éxitos máis soados en todas as radios internacionais, conseguindo que o primeiro single deste disco O teu amor consiga o primeiro posto da revista Billboard.
No 2008 tivo un gran éxito coa cancion No me doy por vencido..
Me quedo calladoSoy como un niño dormidoQue puede despertarseCon apenas sólo un ruidoCuando menos te lo esperasCuando menos lo imaginoSé que un día no me aguanto y voy y te miro Y te lo digo a los gritosY te ríes y me tomas por un loco atrevidoPues no sabes cuanto tiempo en mis sueños has vividoNi sospechas cuando te nombré Yo, yo no me doy por vencidoYo quiero un mundo contigoJuro que vale la pena esperar, y esperar y esperar un suspiroUna señal del destinoNo me canso, no me rindo, no me doy por vencido Tengo una flor de bolsillo,Marchita de buscar a una mujer que me quieraY reciba su perfume hasta traer la primaveraY me enseñe lo que no aprendí de la vidaQue brilla más cada día,Porque estoy tan sólo a un paso de ganarme la alegríaPorque el corazón levanta una tormenta enfurecidaDesde aquel momento en que te ví… Yo, yo no me doy por vencidoYo quiero un mundo contigoJuro que vale la pena esperar, y esperar y esperar un suspiroUna señal del destinoNo me canso, no me rindo, no me doy por vencido Este silencio esconde demasiadas palabrasNo me detengo, pase lo que pase seguiré Yo, yo no me doy por vencidoYo quiero un mundo contigoJuro que vale la pena esperar, y esperar y esperar un suspiroUna señal del destinoNo me canso, no me rindo, no me doy por vencido

2/02/2009

QATAR


Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

601.000

11.347 km2

53 h/km2

Doha

Emirato autoritario

Árabe

Riyal

Asia

Qatar é un país do oeste de Asia, situado na península Arábiga. O seu relevo caracterízase por grandes extensións desérticas que alternan con outeiros baixos. Non hai ríos e, por iso, teñen que tratar a auga do mar e quitarlle o sal para poder consumila. O clima é desértico, con altas temperaturas e escasas chuvias. O principal recurso do país son os depósitos petrolíferos. Tamén hai pesca e industria de conxelación de peixes e fertilizantes. Qatar dependeu primeiro de Bahrain e desde 1916 foi protectorado británico. En 1971 acadou a independencia.

Fonte: "Enciclopedia básica do estudante" Ed. Everest


URUGUAY

Población:

Superficie

Continente:

Densidade

Sistema de goberno

Capital

Idioma

Moeda:

176.215 km2

Americano

: 19 hab/km2

: República presidencialista

: Montevideo

: Español (oficial)

Novo peso uruguaio









Uruguay é un país de America do Sur. O máis caracteristico do seu relevo son unhas elevacións de escasa altura, uns 500 m, chamadas Coitelas. Os rios principias que regan o país son o Uruguay e o Negro. O clima é temperado e as chuvias abundantes. O principal recurso económico de Uruguay é a gandaría. Temén hai cultivos de trigo, millo, arroz e avea. A industria centrase nos sectores textil, plástico, de calzado e de papel.

A primeira expedición de españois (1516) foi levada a cabo por J.Díaz de Solís, quen descubríu o sur do continente e o Río da Prata. A segunda (1520) foi realizada por Magallanes, que descubriu a parte sur do río de Uruguay, percorreu o esteiro e bautizou co nome de Montevideo unha baía e cuíña que se atopaba preto da parte central da costa. Os españois tiñeron que facerlle fronte á resistencia dos pobos indixenas, como os charrúas, para establecer os seus asentamentos. A idenpendencia chegou en 1828 tras anos de duras loitas. No entanto, a indenpendencia non lle trouxo a estabilidade económica nin política no país. A literatura uruguaia está representada por importantes figuras. Pódense mencionar nomes coma Juana de Ibarbouro, poetisa autora de As lenguas do diamante ou A rosa dos ventos; Acevedo Díaz, creador da novela nacional con obras como Nativa, ou Lanza e sabre; Mario Benedetti; e J.C. Onetti, que escribiu A vida breve ou Deixemoslle falar o vento.

Fonte: "Enciclopedia básica do estudante" Ed. Everest

1/26/2009

POLONIA

Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

38.560.000

312.685 Km2

124 h/Km2

Varsovia

República parlamentaria

Polaco

Euro

Europa



Polonia é un país de Europa Central. Polonia é esencialmente un país chan, aínda que ao sur se alzan os montes sudetes, poucos elevados, e os Beskides. O centro do país recibe as augas dos ríos Vístula e Oder. O clima é continental, pero, por falta de barreiras montañosas, sofren acotío as ondas de frío siberiano. A agricultura, con cultivos de trigo, avea, cebada, legumes e árbores froiteiras; a minería, con depósitos de carbón, cobre, chumbo, ferro, gas natural e petróleo; e a industria sobre todo siderúrxica, mecánica, naval e téxtil,son os piares da economía polaca. Os polacos formaron un poderoso estado no centro de Europa no século IX. Este estado converteuse en imperio e acadou grande extensión ata o século XVII. Despois, quedou dividido entre Rusia, Prusia e Austria.Tras a I guerra mundial recobrou a independecia e tras a II guerra mundial quedou practicamente destruído polos ataques nazis desde 1947 estivo dirixido por un goberno comunista autoritario, pero as protestas dos traballadores ao longo dos anos 70 e 80 conseguiron unha política máis tolerantes e abertas,aínda que a situación económica mellorou.

1/22/2009

CHUS LAGO CHEGOU A VIGO DESPOIS DA CONQUISTA DO POLO SUR



A alpinista galega converteuse na primeira muller española en alcanzar o Polo Sur xeográfico (fazaña que conseguíu o pasado 8 de xaneiro).
Foi recibida onte en Vigo polo alcalde e moitos dos seus familiares e amigos. Esperábaa a súa tía cunha tortilla de patacas na man. E é que a alpinista afirmou que, en máis dunha ocasión no seu periplo pola Antártida, soñaba con comer ese manxar, o que lle axudou a "levar mellor" o sufrimento.
Chus Lago percorreu durante 58 días a Antártida. No ano 1999 escalou o Everest.
«Sutís» diferenzas entre a viaxe ao Polo de Alberto de Mónaco e o de Chus Lago
O Libro Guinness abre as súas páxinas á xesta do príncipe Alberto de Mónaco, que o 16 de xaneiro (oito días despois da alpinista Chus Lago) converteuse no ser humano que realizou a viaxe máis cómoda e pracenteiro ao Polo sur.

Basta comparar a súa proeza coa excusión da galega Chus Lago, uns días antes, para valorar a verdadeira dimensión da súa empresa, de 1.238 quilómetros de percorrido, polos 1.130 da aventureira. Ademais, a realeza monegasca poderá presumir de cubrir en dez días o camiño que Chus completou en 59.

Si, porque poucos recordarán o día de mañá en Mónaco o sutil detalle de que a expedicionaria realizou o percorrido sobre esquíes, desafiando co seu corpo refachos de vento de 150 quilómetros por hora, mentres o príncipe usou para desprazarse unha moto de neve que desafiou as inclemencias do tempo co parabrisas e da que se apeou tan só dez quilómetros antes do obxectivo para chegar ao Polo sur esquiando.

Tampouco merece a pena incidir demasiado no trineo (pulka) de 130 quilos de peso que tivo que arrastrar Chus Lago durante a viaxe para dispor de provisións. á fin e ao cabo o príncipe cargou cos prismáticos e a bandeira que no nome de Mónaco cravou sobre chan antártico. Para maior gloria da nobreza retratou o momento á beira dun pingüín emperador.

En canto ao adestramento, a alpinista galega preparouse previamente en países nórdicos, tirando de trineos cun peso similar á pulka para ir practicando, mentres o chofer do príncipe arrastrou o Rolls-Royce varias veces ata os próximos Alpes para que don Alberto familiarizásese co aire xélido, similar ao que atoparía na súa aventura.

Unha aventura que realizou acompañado por un experto explorador surafricano, que sempre é máis meritorio, xa que se asume unha responsabilidade dobre ao ter que coidar do acompañante.

1/21/2009

INTIFADA

Nin mel, nin dátiles, nin leite.
Apaña, mozo pedras
do granito de Derry en Cangas.
Que Rentería che poña vésporas nos ollos.
Alí está a svástica
de David, vergoña.
Que o deserto e os seus xenetes mortos
veña no teu socorro, mozo.
Apaña pedras, fillo,
e quéntaas entre a camisola e o ventre.
Leve o cantazo
cheiro nas súas micas a árabe colérico.
Non collas, mozo, rosas;
nin as escuras de Damasco nin as macias de Alexandría,
rosas sen arrecendo.
Pilla pedras, adolescente de nardo que non escancia copas
e ningunha qasida.
Érguete, sigue, bate, abáteos, insurrecto.
Expulsa Sión de Celanova,
mozo nacional-popular de Palestina escrava.
Nin mel, nin dátiles, nin leite.
Dispara, mozo, pedras.
Xosé Luís Méndez Ferrín, Era na selva de Esm (2005)

1/20/2009

LUXEMBURGO

Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de Goberno

Idioma

Moeda

Continente

(2007) 480.000

2.586 km2

175 h/km2

Luxemburgo

Monarquía constitucional

Luxemburgués, francés, alemán

Euro

Europa


Luxemburgo é un país de Europa occidental. O seu territorio divídese en Oestling, ao norte, que e un altiplano con moitos bosques; e Gutland, ao sur, tamén chan e con amplos vales. Os principais ríos son o Sûre e o Mosela. O clima e frío no norte e algo máis suave no sur. Os inportantes depósitos de ferro favorecen unha desenvolvida industria metalúrxica. Cultívanse cereais, patacas e vide. Luxemburgo foi fundado no ano 963 e en 1354 converteuse en ducado. Estivo baixo o dominio francés, español, autríaco e en 1867 logrou a independencia. En 1957 foi membro fundador da Union Europea.
Fonte: Enciclopedia básica do estudante, Ed. Everest

UCRAÍNA


Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

48.902.000

603.700 Km2

81 h/km2

Kiev

República presidencialista

Ucraíno (oficial), ruso

Hrivina

Europa

Ucraína é un país do leste de Europa. O relevo de Ucraína está conformado por unha extensa chaira, limitada ó oeste pola cordilleira dos Cárpatos. Os ríos máis importantes son o Dnepr e Dnestr. O clima é continental, é dicir, veráns cálidos e invernos fríos. A chaira de Ucraína é moi fértil, polo que se dan cultivos de trigo, remolacha, liño, patacas, etc. Ademais, hai depósitos de carbón e ferro, e industria metalúrxica e siderúrxica. Ucraína estivo baixo dominio de Polonia, Lituania e despois Rusia. A mediados do século XIX xurdiron movementos nacionalistas e en 1922 converteuse nunha das repúblicas que formaban a Unión Soviética. Independizouse en 1991 e forma parte da CEI. En 1986 producíuse na localidade de Chernobil un escape de radioactividade na central nuclear que ocasionou unha catástrofe.

Fonte: Enciclopedia básica do estudante, Ed. Everest.

UGANDA

Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

25.004.000

236.040 Km2

106 h/km2

Kampala

República presidencialista

inglés (oficial), luganda ou ganda

Xilin de Uganda

África

Uganda é un país do leste de África. Extensas mesetas ocupan gran parte do seu territorio e no oeste álzase o macizo Ruwenzori. Aínda que non ten saída ó mar, conta con importantes lagos como o Alberto, o Eduardo e parte do lago Vitoria; o seu río principal é o Nilo. En Uganda cultívase café, algodón e cana de azucre. Ademais, hai depósitos de cobre e wolframio, e industria téxtil e alimentaria. Uganda foi protectorado británico ata 1962, ano da independencia. O país tivo que sufrir a ditadura Idi Amin, ata que este foi derrocado en 1979.

Fonte: Enciclopedia básica do estudante, Ed. Everest.

1/17/2009

MORRE O ESCRITOR MANOEL RIVEIRO LOUREIRO


O día 15 de xaneiro faleceu na Coruña o escritor Riveiro Loureiro, un vocacional da escrita como el se definía, e a quen nos últimos anos tamén puidemos ver en diferentes programas da TVG.
Na súa autobiografía, na Biblioteca Virtual Galega, o escritor coruñés Manoel Riveiro Loureiro (A Coruña, 1933-2009) definíase como" un escritor vocacional, tal vez compulsivo, anque serodio, que só empezou a publicar tralo seu regreso dunha longa e non pouco azarosa emigración, na que se emborcou en moi distintas actividades. Admirador teimudo e confeso da noutrora formidable URSS, ten traducido ó castelán e ó galego diversas obras clásicas da literatura rusa, tanto de autores do século XIX coma de outros, aquí a penas coñecidos, da época soviética"

A súa voz é a que mellor define, con esa distante redacción en terceira persoa, a súa propia peripecia persoal, "Ós tres anos de idade, no verán do 36, perde ó seu pai. "Non morreu, que o mataron. Non morreu, que o mataron..." Así dicía en voz baixa a súa nai, cando ficaba estantía, procurando o cativo, asustado, falarlle a berros para arrincala de tal estado. A familia afonda na máis absoluta miseria. Ós dez anos deixa a escola, a Grande Obra do inefable Don Baltasar, no Campo da Leña, para integrarse de cheo no mundo laboral. O seu primeiro salario era de dúas pesetas, como neno de recados dun taller de costura. Metido despois nun traballo sucio (axudante do repartidor de "La Coruñesa. Carbonería Doméstica") chegou a dobra-lo seu salario: catro pesetas diarias.

Xa medrado, acada o seu soño de embarcar en pesqueiros, primeiro do día e despois do Gran Sol. Fai a mili (Cartagena, logo Ferrol), navega en mercantes estranxeiros, casa coa súa Encarna de sempre..., e por fin instálase con ela no Uruguai, anque adoita desprazarse (el só) por outros países. Marchan de Montevideo cos seus dous fillos (arestora teñen catro, e catro netas) en 1973, xusto a tempo de lle fuxir ó golpe dos milicos.

Tiña varios libros publicados e premiados en diferentes certames literarios, tanto contos como novelas. A súa máis recente obra publicada está recollida na colectanea "Volverlles a palabra, Homenaxe aos represaliados do franquismo".

Entre as mostras de dór feitas públicas están as da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da mesa pola normalización lingüística.

OBRA PUBLICADA

NARRATIVA
Pola ida e pola volta, 1977.
  • Terra sequeira, 1979.
  • O pau, 1982.
  • A moa, 1984.
  • As cereixas, 1988.
  • O patrón, 1990.
  • Caladamente, 1991.
  • O Peixoto, 1991.
  • Corpo canso, 1993.
  • A primeira pedra, 1994.
  • A volta de Castelao, 1995.
  • Benvidos, 1996.
  • Sabotaxe na Estaca de Bares, 1997.
  • O primeiro amor, 1997.
  • Benvidos, 1996.
  • A primeira pedra, 2000.
  • Xullo-agosto, 2005.
  • TEATRO

    A vinga, 1979.
    O coronel ten a quen lle escribir, 1989.
    O prazo, 1994.

    TRADUCIÓN

    Un heroe do noso tempo, Mijaíl Lermontov, 1989.
    Sete narradores soviéticos, 1991.

    1/16/2009

    VIVAMOS COMO GALEGOS


    É útil o uso do galego na publicidade. A cadea de supermercados "Gadis" apostou por ela a ti que che parece?

    1/14/2009

    A SORTE NUNHA RÚA DO NOSO BARRIO



    Os xogos de azar deixaron máis de 250.000 euros no barrio de Elviña nos últimos anos entre quinielas de fútbol, Lotería Nacional e cupóns da ONCE

    Podería ser a rúa coruñesa que recibiu máis millóns por metro cadrado. Varios negocios de Salvador de Madariaga foron agraciados nos últimos anos con premios de xogos de azar.

    «Te vou encargar que me compres a lotería durante os próximos oito anos», díxolle onte unha clienta a Roberto Vila, que onte viu como a súa clientela se incrementou notablemente despois de ser un dos afortunados no sorteo especial da lotería celebrado o pasado sábado. O propietario do Bar Zas de Rei foi agraciado co premio gordo do sorteo especial da Lotería Nacional. Pero non era a primeira que a sorte chamaba á súa porta. O 18 de maio do 2000, posuía dous cupóns gañadores da ONCE. «Os cupóns premiados estiveron días aquí no bote sen saber que me tocaran, non foi ata que viño a cambialos polos da semana seguinte que nos demos conta», conta Roberto que hoxe, nove anos despois aínda conserva fotocópiaa do 20668, que lle deu dez millóns das antigas pesetas.

    Naquela ocasión investiu o premio no local que hoxe regenta, na casa e no coche. «O típico», indicou o pasado sábado cando aínda pasaran moi poucas horas desde que volvera a toparse coa sorte para saber que destino que lle daría aos millóns nesta ocasión.

    Outro punto da zona que concentra un dos índices máis altos de fortuna é a esquina da rúa onde sitúase o Bar Alfil. Era o ano 96 cando Concha Becerra recibiu un décimo dun secretario de Industria. Nesa ocasión non tivo sorte, pero a cambio Cuncha comprou dous décimos, que foron premiados cun soldo mensual de cen mil pesetas durante dous anos. «Aquel señor non sabía que a miña muller lle comprara un décimo, se díxoo cando xa tocara», comenta Enrique. Este matrimonio obtivo o premio grazas a que posuía o número posterior ao premiado, pero o premio ao número enteiro tamén se quedou perto. «Tocoulle ao da comisaría de policía que fai uns anos estaba aquí, e a un bar da zona», lembra Cuncha.

    Os hai que decidiron agruparse para ver se se contaxian coa sorte. Fai cinco anos que a clientela do ultramarinos Mejide decidiu crear unha pena para desafiar ao azar. O balance é positivo. En dous anos foron agraciados con dous premios do cupón da ONCE. «Sempre xogamos aos mesmos números ao 38503 e ao 85157, sempre tocou o 7 pero eu teño a impresión de que vai saír o 3», di Milagres Seoane. Fixo que non se equivoca, pero de momento os 31 integrantes da pena xa se repartiron máis de sesenta mil euros. «Se ollas entre todos os que repartímolo non sae a moito, pero bo dá para tapar buracos». O pai de Óscar Núñez gustáballe tentar á sorte semanalmente. O propietario da churrería Núñez, situada no número 8 da rúa, lembra que fai dez anos o seu pai foi agraciado co pleno ao quince da quiniela de fútbol. «Non lembranza canto tocoulle, pero non foi a única vez, noutra ocasión tocáranlle seiscientas mil pesetas e outra vez cinco ou seis millóns de pesetas da Lotería Nacional», sinalou Óscar Núñez.

    Os millóns non só aterraron nos establecementos da zona, varios veciños do barrio de Elviña viron incrementar as súas contas correntes grazas ao azar. «Parece a milla de ouro», chanceaba onte un dos traballadores do edificio de novos ministerios. «Hai varios veciños que tocoulles en varias ocasións a lotería pola zona», apunta Concha Becerra, da cafetería Alfil. Entre eles, o barbeiro que fai uns anos regentaba a perruquería situada no número 8. Na actualidade, o local foi traspasado pero os empresarios da zona aínda lembran que este veciño fora agraciado no 1986 cando o gordo da Lotería Nacional deixou Na coruña 42 millóns de euros. Ao igual que este negocio, varios traballadores do edificio de Mapfre situado na avenida de Alfonso Molina, a escasos metros da rúa Salvador de Madariaga, tiñan participacións do 56320, grazas a un traballador da refinería.

    María Vidal La Voz de Galicia.13/1/2009

    O PASATEMPO DE BETANZOS


    O parque temático O Pasatempo situado nas aforas de Betanzos é un parque enciclopédico, creado en 1893 e que foi parcialmente reformado recentemente.
    Na súa orixe tiña un tamaño de 90.000 m2, pero actualmente consérvase unha décima parte trala longa ruína da posguerra. Foi un ambicioso proxecto cun enorme xardín, estanques, un parque zoolóxico e colosos de pedra.

    Obra dos irmáns García Naveira, emigrantes retornados da Arxentina. O Parque do Pasatempo betanceiro contén grutas, pasadizos soterráneos, o estanque do Retiro, murais policromádos que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da canle de Panamá, un buzo escafandrista, a pirámide de Keops no testemuño dunha xira por Exipto, o mural España monárquica e súas 18 Fillas Republicanas, a homenaxe á Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos como un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león e un xardín botánico.
    Merece a pena que fagadas unha visita a esta obra de enorme importancia dentro do patrimonio artístico de Galicia.