4/26/2011

MANUEL COLMEIRO GUIMARAES

1. Introdución
2. Os primeiros anos
3. Anovamento da pintura galega dende Margaride (1926-1936)
3.1. A paisaxe
3.2. Mitos e alegorías
3.3. A experiencia abstracta
3.4. Naturezas mortas
3.5. O compromiso social, o antropolóxico e mailo etnográfico
3.6. O culto á "deusa nai"
3.7. A pintura mural
3.8. Importancia do debuxo
4. A posguerra en Buenos Aires (1936-1948)
5. Os anos parisinos (1949-1986)
6. O retorno á Terra, entre Margaride e Vigo (1987-1999)

1. Introdución

Manuel Colmeiro Guimaraes, é unha das figuras culminantes do renacer estético na Galiza contemporánea do primeiro terzo do século XX, xunto con Maside, Arturo Souto, Laxeiro, Manuel Torres, etc. 
Este movemento pasa dunha pintura rexional realista e modernista a unha nova corrente renovadora e de vangarda nas artes.
Dende entón ata que se pecha o ciclo parisino en 1986, o pintor dedicou setenta e cinco anos da súa vida a dialogar coa arte e máis reinterpretar os valores da Galiza rural, a súa antropoloxía e etnografía. Toda a súa vida pictórica se desenvolve seguindo o curso dos acontecementos, nas diferentes xeografías que habita: Chapa, Margaride e Buenos Aires, os lugares da infancia e a adolescencia, a Galiza anterior a 1936, símbolo do anovamento, máis tarde o exilio bonaerense e parisino, para concluír no retorno definitivo a Galiza.
 
2. Os primeiros anos

Colmeiro (1901-1999), nace en Chapa (Silleda). A súa primeira infancia transcorre na parroquia deste mesmo concello, San Fiz de Margaride. Aos  doce anos reúnese cos seus pais en Buenos Aires, lugar ao que emigraran con anterioridade. En Buenos Aires realiza estudios primarios co debuxo, que daquela era algo máis que un simple pasatempo. Entre os doce e dezaseis anos consolida a súa vocación autodidacta que reforza coa pintura do natural: naturezas mortas feitas a partir das froitas da compra diaria, paisaxes urbanas bonaerenses, descargadores do porto. Ou a memoria de lugares imaxinados de Galiza. Nesta etapa ten un grande interese pola literatura e a filosofía pero a súa formación orientarase cara a pintura cando entra na Academia de Belas Artes como alumno libre ou cando decide participar nas tertulias dun grupo de amigos, os máis deles futuros artistas recoñecidos. En 1926 retorna a Galiza.
Desta etapa apenas conserva obra pintada. O estilo era expresionista, a base de pinceladas libres, fortemente empastadas e xestuais en medio dunha atmosfera gris e esvaída, premonición de moitas das que ía pintar no seu clásico período galego dos anos trinta.

3. Anovamento da pintura galega dende Margaride (1926-1936)

Este período marca a culminación do que poderíamos considerar vangarda histórica en Galicia e en toda España.
A xeración dos Novos sucedía á modernista Nós. Colmeiro elabora novos modelos iconográficos que rompen co rexionalismo folclórico e o realismo académico.
É a etapa das tertulias do Café Español en Santiago, con outros artistas e escritores, é a etapa da publicación De catro a catro de Manuel Antonio...
Nesta época, gracia ás becas da deputación de Pontevedra, amplía estudos en Madrid e Barcelona. Nesta época dominan as cores rosas e violetas cun toque impresionista.
Na época da República (1931-1936) o panorama artístico galego encóntrase en pleno esplendor.
As obras de Manuel Colemiro neste momento reflecten o influxo do posimpresionista Cezanne. Pinta á muller labrega con formas redondas e de gran volume, con pincelada longa. A súa paleta está dominada polos ocres, grises e verdes.
Nesta etapa destacan aqueles aspectos que serán repetitivos ao longo da súa vida: a paisaxe, mitos e alegorías, naturezas mortas, o compromiso social, o culto á figura feminina e terá tamén experiencias na pintura abstracta e na realización de murais.

3.1. A paisaxe

Colmeiro estudiaba á terra como un ser vivo, á maneira de Cezanne, e nela e nas súas variacións xeográficas e climatolóxicas atopou un dos recursos ideais para se sentir pintor. Son terra húmidas, a paisaxe, os campos ou montes, onde pasaba horas e horas, os inspiradores das luces e atmosfera cambiantes, de tonalidades grises e rosáceas. Sol de verán, a tarde triste, Marcha de inverno (1928-1929). Son claros exemplos.

3.2. Mitos e alegorías

Colmeiro recrea na paisaxe galega a presenza duns mitos clásicos -sucede con Hércules ou as Venus bañistas-. Entrevese a influencia de Cezanne na composición e no uso da paleta.

3.3. A experiencia abstracta

Nos anos trinta vai ter preocupación pola experiencia abstracta. Os referentes poden estar relacionados co mundo analítico e colorista de Kandisky, aínda que tamén hai unha tendencia ao rudo, ao tachismo, á xustaposición incontrolada da cor baixo a condución de sólidas pinceladas negras. Este mundo abstracto irase matizando posteriormente.

3.4. Naturezas mortas

Os bodegóns foron a verdadeira escola pictórica de colmeiro que xa iniciara na súa adolescencia. Os clásicos bodegóns colmeirianos están cheos de evocación ao mundo rural galego. As fogazas de pan, ou a panadeira que transporta grandes pans son recursos claros da súa pintura. Aquí quedan marcadas dúas tendencia de vangarda: por un lado as cores berronas do fauvismo e, a través de Cezanne, o inicio do cubismo.

3.5. O compromiso social, o antropolóxico e mailo etnográfico

A crise do 29 agudiza o panorama social do mundo. Nace a expresión artística como crítica ás desigualdades sociais. Nace o artista comprometido. Colmeiro iniciase neste plano reivindicato nos anos trinta do século pasado.
Campesiño morto (1928) é unha mostra específica destes presupostos. A crítica a situación social da clase labrega, pero tamén da actividade mineira está presente na súa obra (Catástrofe da mina, 1929).

3.6. O culto á "deusa nai"

A muller, e a maternidade son os símbolos da vida. A presenza feminina adquire un protagonismo especial en todo o grupo de Anovadores.

3.7. A pintura mural

A pintura mural foi un proxecto que non concluíu na década dos anos trinta do século pasado. Influído polos Anovadores (Seoane, Arturo Souto...) trata de elaborar bocetos para facer grandes murais como expresión da socialización da arte  no mundo cotián.

3.8. Importancia do debuxo

Colmeiro é ante todo debuxante máis que pintor. Un dos grandes debuxantes galegos do noso século. A súa preocupación formal é moi clara.

4. A posguerra en Buenos Aires (1936-1948)

No comezo da guerra civil (1936), inicia o seu camiño cara o exilio en Buenos Aires. Alí traballa sobre todo pintando retratos e murais. Nos anos cuarenta inicia unha gama cromática na que predominan os azuis e verdes. Será nesta etapa onde inicie bastantes traballos de espidos.
 
5. Os anos parisinos (1949-1986)

A súa viaxe a París en 1948 marca unha nova etapa na súa traxectoria art´sitica. Agora a cor  (non o debuxo) será o protagonista onde se dilúen as figuras. Repartirá o seu tempo entre París e Galicia. Nas obras destes anos as cores fanse máis claras e alegres. As figuras, unhas veces xurden envoltas na brétema, e outras son mais definidas como nestes cadros nos que o protagonista principal son obxectos como o pan. 
En 1949 a pintura predominante é o verde.
Na década dos sesenta o seu trazo vólves máis esquemático (renuncia ao debuxo). Nesta década non pinta do natural senon do recordo. Os temas principais son a nai e a terra: a aldea vista dende os aldeanos, non dende a xente de cidade. Os pintores franceses realistas do XIX, (sobre todo Millet) serán un claro influxo e como sempre Cezanne.
 
6. O retorno á Terra, entre Margaride e Vigo (1987-1999)

A partir de 1987, retorna definitivamente a Galicia. A súa vida realizarase entre a aldea de Margaride e Vigo. Nos últimos anos a súa obra non fixo máis que consolidarse e obter un recoñecemento como referencia de boa parte da mellor arte galega de tódolos tempos. Como vangardista histórico galego e español, como anovador da figuración despois dos anos da Guerra Civil, Colmeiro constitúe hoxe, unha referencia do século XX pictórico dos contextos marcados polo "retorno á orde".
 

4/15/2011

MARÍA CASARES

María Casares

De Wikipedia, a enciclopedia libre
María Victoria Casares Pérez (A Coruña, España, 21 de novembro de 1922 - Alloue, Francia, 22 de noviembre de 1996) foi unha lexendaria actriz española de teatro e cina que triunfou no exilio en Francia, onde residía por ser filla de Santiago Casares Quiroga, que fora Ministro e Presidente do Goberno da República baixo a presidencia de Manuel Azaña.
Considerada francesa polos galos que escriben o seu nome Maria Casarès, integrou xunto a Edwige Feuillère e Madeleine Renaud o grupo de tráxicas francesas máis notable da súa xeración.

Traxectoria

En 1939, pouco antes da Guerra Civil, acompañou ao seu pai ao exilio en Francia. Estudiou interpretación no Conservatorio de París, no que conseguiu entrar en 1941 a pesar das súas dificultades co idioma. O primeiro papel profesional que obtivo fo en La Celestina.

En outubro de 1943 representou con grande éxito a obra de Georges Neveux A viaxe de Teseo. Ao ano seguinte coñeceu a Albert Camus, con quen mantivo unha relación sentimental ata a morte deste en 1960. Protagonizou varias obras escritas por Camus, como O malentendido, Estado de sitio e Os xustos e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, convertíndose na musa do existencialismo francés.
En 1949, entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública con forte preocupación social. Participou na creación e potenciamento do Festival de Aviñón. María Casares interpretou a Lady Macbeth, María Tudor, Ana Petrova,... en obras de Shakespeare, Victor Hugo, e Antón Chéjov, Ibsen, Eurípides entre moitos outros.i
No cine iniciouse cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, Os nenos do paraíso e pouco despois, en 1944, protagoniza As damas do Bosque de Bologna de Robert Bresson.
Jean Cocteau a dirixiou en Orpheo (1950) e fíxose moi popular, se ben en España foi silenciada.d
Fixo memorables traballos xunto Gerard Philipe, Jean Vilar e Jean Louis Barrault.
En 1975 adquiriu a nacionalidade francesa. En 1976 volveu a España para representar El adefesio de Rafael Alberti en Madrid e Barcelona.
En 1989 conseguiu o premio Moliére á mellor actriz de teatro e foi nominada aos César. Recibiu do goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e en España, a Medalla ao Mérito de Belas Artes. Obtivo o premio Segismundo da Asociación de Directores de España.
Tamén se lle concedeu o título de filla predilecta da Coruña e a medalla Castelao.
En 1980 publicou un libro de memorias, Residente privilexiada, título que alude ao seu estatus na tarxeta de residencia orixinal emitida en Francia.
Foi condecorada coa Lexión de honor francesa.
En 1996, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galiza levase o seu nome, pero a morte  lle impediu asistir á primeira edición.
En 1978 casou co actor alsaciano "Daddy" Schlesser.

Filmografía

  • Les enfants du paradis (1944)
  • Les dames du Bois de Boulogne (1945)
  • Roger-La-Honte (1945)
  • La revanche de Roger-La-Honte (1946)
  • L'Amour autour de la maison (1946)
  • La septième porte (1946)
  • El prisionero de Parma / La Chartreuse de Parme (1947)
  • Bagarres (1948)
  • L'Homme que revient de loin (1949)
  • Orfeo / Orphée (1950)
  • Ombre et lumière (1950)
  • Le testament d'Orphée (1959)
  • La novicia musulmana / Flavia, la monaca musulmana(1974)
  • L'Adieu nu (1975)
  • Blanche et Marie (1984)
  • De sable et de sang (1987)
  • Le lectrice (1988)
  • Monte baixo (1989)

Teatro

  • 1942 : Deirdre des douleurs de John Millington Synge, mise en scène Marcel Herrand, Théâtre des Mathurins
  • 1943 : Solness le constructeur de Henrik Ibsen, mise en scène Marcel Herrand, Théâtre des Mathurins
  • 1943 : Le Voyage de Thésée de Georges Neveux, mise en scène Jean Marchat, Théâtre des Mathurins
  • 1944 : Le Malentendu de Albert Camus, mise en scène Marcel Herrand, Théâtre des Mathurins
  • 1944 : Les Noces du rétameur de John Millington Synge, Théâtre des Mathurins
  • 1944 : Federigo de René Laporte, Théâtre des Mathurins
  • 1945 : Les Frères Karamazov de Fedor Dostoïevski, mise en scène André Barsacq, Théâtre de l'Atelier
  • 1946 : Divines paroles de Ramón del Valle-Inclán, mise en scène Jean Marchat, Théâtre des Mathurins
  • 1946 : Roméo et Jeannette de Jean Anouilh, mise en scène André Barsacq, Théâtre de l'Atelier
  • 1947 : Les Épiphanies de Henri Pichette, mise en scène Georges Vitaly, Théâtre des Noctambules
  • 1948 : L'État de siège d'Albert Camus, mise en scène Jean-Louis Barrault, Théâtre Marigny
  • 1948 : La Maison de Bernarda Alba de Federico García Lorca, mise en scène Roger Leenhardt
  • 1949 : Le Roi pêcheur de Julien Gracq, mise en scène Marcel Herrand, Théâtre Montparnasse
  • 1949 : Les Justes d'Albert Camus, mise en scène Paul ?ttly, Théâtre Hébertot : Dora Doulebov
  • 1951 : La Seconde de Colette, mise en scène Jean Wall, Théâtre de la Madeleine
  • 1951 : Le Diable et le Bon Dieu de Jean-Paul Sartre, mise en scène Louis Jouvet, Théâtre Antoine : Hilda
  • 1952 : Six personnages en quête d'auteur de Luigi Pirandello, mise en scène Julien Bertheau, Comédie-Française
  • 1952 : Dom Juan de Molière, mise en scène Jean Meyer, Comédie-Française : Elvire
  • 1952 : Le Roi Jean de William Shakespeare, Festival d'Angers
  • 1952 : Jeanne d'Arc de Charles Péguy, mise en scène Charles Gantillon, Festival de Lyon-Charbonnières
  • 1953 : Le Carrosse du Saint Sacrement de Prosper Mérimée, mise en scène Jacques Copeau, Comédie-Française
  • 1953 : La Dévotion de la croix de Pedro Calderón de la Barca, adaptation Albert Camus, mise en scène Marcel Herrand, Festival d'Angers
  • 1953 : Les Esprits de Pierre de Larivey, mise en scène Albert Camus, Festival d'Angers
  • 1953 : Mithridate de Racine, mise en scène Jean Marchat, Festival d'Angers
  • 1954 : L'Ennemi de Julien Green, mise en scène Fernand Ledoux, Théâtre des Bouffes-Parisiens
  • 1954 : Jedermann de Hugo von Hofmannsthal, mise en scène Charles Gantillon, Festival de Lyon
  • 1954 : Macbeth de William Shakespeare, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon : Lady Macbeth
  • 1954 : Le Père humilié de Paul Claudel, mise en scène Pierre Franck, Festival de Lyon
  • 1955 : La Ville de Paul Claudel, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon, Lâla
  • 1955 : Marie Tudor de Victor Hugo, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon : Marie
  • 1956 : Macbeth de William Shakespeare, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon : Lady Macbeth
  • 1956 : Le Triomphe de l'amour de Marivaux, mise en scène Jean Vilar
  • 1956 : Ce Fou de Platonov d'Anton Tchekhov, mise en scène Jean Vilar
  • 1958 : Le Triomphe de l'amour de Marivaux, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon : Léonide
  • 1958 : Marie Tudor de Victor Hugo, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon : Marie
  • 1958 : Le Cid de Corneille, mise en scène Jean Vilar
  • 1958 : Le Carrosse du Saint Sacrement de Prosper Mérimée, mise en scène Jean Vilar
  • 1958 : Phèdre de Racine, mise en scène Jean Vilar
  • 1959 : Le Songe d'une nuit d'été de William Shakespeare, mise en scène Jean Vilar, Festival d'Avignon
  • 1960 : L'?uvre de Lorca (anthologie de ses poèmes, Festival de Montauban
  • 1960 : Hamlet de William Shakespeare, mise en scène Claude Barma, Grand Théâtre de la Cité Carcassonne
  • 1960 : Cher Menteur de Jerome Kilty, Théâtre de l'Athénée
  • 1961 : À la recherche de Dom Juan de Maurice Béjart, Opéra National de Bruxelles
  • 1963 : Yerma de Federico García Lorca, mise en scène Margarita Xirgu, Teatro San Martin Buenos Aires
  • 1963 : La Reine verte de Maurice Béjart, musique Pierre Henri, Théâtre Hébertot
  • 1964 : Divines Paroles de Ramón del Valle-Inclán, mise en scène Jorge Lavelli, Teatro Coliseo Buenos Aires
  • 1965 : Les Enchaînés d'Eugene O'Neill, mise en scène Jorge Lavelli, Théâtre Récamier
  • 1965 : Le Repos du septième jour de Paul Claudel, mise en scène Pierre Franck, Théâtre de l'?uvre
  • 1966 : Les Paravents de Jean Genet, mise en scène Roger Blin, Théâtre de l'Odéon
  • 1967 : Le Triomphe de l'amour de Marivaux, mise en scène Jean Vilar, Festival du Marais
  • 1967 : Henry VI de William Shakespeare, mise en scène Jean-Louis Barrault, Théâtre de la Porte Saint-Martin : Marguerite d'Anjou
  • 1967 : Médée de Sénèque, mise en scène Jorge Lavelli, Festival d'Avignon : Médée
  • 1968 : La Nuit obscure de Saint Jean de la Croix, chorégraphie Maurice Béjart, Théâtre de la Monnaie Bruxelles, Festival d'Avignon
  • 1968 : La Nuit obscure de Saint Jean de la Croix, chorégraphie Maurice Béjart, Festival d'Avignon
  • 1969 : À la recherche de... de Maurice Béjart, Théâtre de la Monnaie Bruxelles
  • 1969 : Mère Courage de Bertolt Brecht, mise en scène Jean Tasso, Bobino
  • 1969 : La Danse de mort d'August Strindberg, mise en scène Claude Régy, TNP Théâtre de Chaillot
  • 1970 : Early morning d'Edward Bond, mise en scène Georges Wilson, Festival d'Avignon
  • 1970 : Le Borgne est roi de Carlos Fuentes, mise en scène Jorge Lavelli, Festival d'Avignon : Donata
  • 1971 : Le Borgne est roi de Carlos Fuentes, mise en scène Jorge Lavelli, Espace Cardin : Donata
  • 1971 : Les Cuisines du château de Claude Cyriaque, Théâtre de Malakoff
  • 1972 : Les Frères Karamazov de Fedor Dostoïevski, mise en scène Georges Vitaly, Théâtre Graslin
  • 1972 : La Célestine de Fernando de Rojas, mise en scène Jean Gillibert, Festival de Châteauvallon
  • 1973 : Penthésilée d'Heinrich von Kleist, mise en scène Jean Gillibert, Festival de Châteauvallon
  • 1973 : Bajazet de Racine, mise en scène Jean Gillibert, Petit Odéon
  • 1975 : Amers de Saint-John Perse, mise en scène Guy Shelley
  • 1975 : Via 2 de Jean-Henri Meunier
  • 1976 : Les Revenants d'Henrik Ibsen, mise en scène Pierre Maxence, Maison de la Culture de Grenoble
  • 1976 : Le Repoussoir de José Luis Alonso, Madrid
  • 1977 : La Mante polaire de Serge Rezvani, mise en scène Jorge Lavelli, Théâtre de la Ville
  • 1978 : Faust de Christopher Marlowe, mise en scène Jean-Marie Patte, Festival d'Automne de Paris
  • 1978 : La Première de Ohm Cromwell, mise en scène Valerio Popesco Bruxelles
  • 1978 : Agamemnon d'Eschyle, mise en scène Jean Gillibert, Festival de Châteauvallon
  • 1980 : ?dipus Rex d'Ígor Stravinski, livret Jean Cocteau, mise en scène Jorge Lavelli, Opéra de Paris
  • 1980 : Britannicus de Racine, mise en scène Jean Meyer, Théâtre des Célestins
  • 1980 : Le Conte d'hiver de Shakespeare, mise en scène Jorge Lavelli, Festival d'Avignon, Théâtre de la Ville, temps
  • 1981 : Peer Gynt d'Henrik Ibsen, mise en scène Patrice Chéreau, Théâtre de la Cité Villeurbanne, Théâtre de la Ville
  • 1982 : Les Possédés de Fedor Dostoïevski, mise en scène Denis Llorca, Festival d'Avignon
  • 1983 : Les Paravents de Jean Genet, mise en scène Patrice Chéreau, Théâtre des Amandiers : la mère
  • 1984 : Le Sacre de la naissance de Saint-John Perse d'après Sophocle, mise en scène Denis Llorca, Nouveau Théâtre de Besançon
  • 1985 : La Nuit de Madame Lucienne de Copi, mise en scène Jorge Lavelli, Festival d'Avignon, Théâtre de la Commune : Vicky Fantomas
  • 1986 : Elle est là de Nathalie Sarraute, mise en scène Michel Dumoulin, Festival d'Avignon, Théâtre de la Villette
  • 1986 : L'Usage de la parole de Nathalie Sarraute, mise en scène Michel Dumoulin, Festival d'Avignon, (lecture)
  • 1986 : Tropismes de Nathalie Sarraute, mise en scène Michel Dumoulin, Festival d'Avignon
  • 1986 : Quai Ouest de Bernard-Marie Koltès, mise en scène Patrice Chéreau, Théâtre Nanterre-Amandiers : Cécile
  • 1987 : Ce soir on improvise de Luigi Pirandello, mise en scène Lucian Pintilie, Théâtre de la Ville
  • 1988 : Les Chevaliers de la Table Ronde de Denis Llorca, Nouveau Théâtre de Besançon
  • 1988 : Hécube d'Euripide, mise en scène Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers
  • 1989 : La vie que je t'ai donnée de Luigi Pirandello, mise en scène Michel Dumoulin, Théâtre Hébertot : Donn'Anna Luna
  • 1989 : Le Dépôt des locomotives de Michel Diaz, mise en scène Georges Vitaly, Théâtre Mouffetard
  • 1990 : "Elle" de Jean Genet, mise en scène Bruno Bayen, Théâtre de Gennevilliers
  • 1990 : Tartuffe de Molière, mise en scène Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers : Madame Pernelle
  • 1991 : Les Comédies barbares de Ramón María del Valle-Inclán, mise en scène Jorge Lavelli, Festival d'Avignon Théâtre national de la Colline : Dona Maria
  • 1991 : Vie de la révolutionnaire Pélagie Vlassova de Tver de Bertolt Brecht, mise en scène Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers
  • 1992 : Oreste de Vittorio Alfieri, mise en scène Jean Gillibert, Maison des arts et de la culture de Créteil
  • 1993 : Ostinato de Louis-René des Forêts, mise en scène Michel Dumoulin, Festival d'Avignon : voix off
  • 1993 : Threepenny Lear de William Shakespeare, mise en scène Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers : Le Roi Lear
  • 1993 : Mein Kampf de George Tabori, mise en scène Jorge Lavelli, Théâtre national de la Colline
  • 1994 : Les Géants de la montagne de Luigi Pirandello, mise en scène Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers : Isle
  • 1995 : Dostoievsky va a la plage de Marc Antonio de la Parra, mise en scène Frank Hoffmann, Théâtre national de la Colline : Teresa
  • 1996 : Les ?uvres complètes de Billy the Kid de Michael Ondaatje, mise en scène Frank Hoffmann, Théâtre national de la Colline : Celsa Gutiérrez

Premios

  • 1961 : Prix du Brigadier pour Cher Menteur de Jerome Kilty, Théâtre de l'Athénée
  • 1988 : Prix du Syndicat de la critique
  • 1988 : nominación Molière de la comédienne
  • 1989: Molière de la comédienne
  • 1989 : nominación César de la meilleure actrice dans un second rôle
  • 1990 : Grand Prix national du théâtre

Referencias

  1. «KAFFEKANTATE: Cartas en el exilio».

Bibliografia

  • María Casares - Residente Privilexiada,2009.
  • Javier Figuero et Marie-Hélène Carbonel- Maria Casarès : L'étrangère, Fayard, 2005

4/14/2011

CASARES QUIROGA NON NACEU. NON EXISTIU

O gobernador civil da Coruña manda retirar a partida de nacemento do rexistro civil do presidente do goberno da República Española, Santiago Casares Quiroga

Non é ningunha broma. Pasou o 26 de novembro de 1937.

Oficio do gobernador civil da Coruña, José Mª. de Arellano:

O nome de Santiago Casares Quiroga será borrado de tódolos rexistros sendo indigno de figurar no Rexistro Oficial de Nacementos que se leva no xulgado municipal, instituido para seres humanos e non para alimañas... O nome noxento de Casares Quiroga deberá borrarse de forma que as futuras xeracións non atopen máis vestixio seu que a súa ficha antropométrica de foraxido. 
A Coruña  27 de novembro de 1937

(o texto orixinal está redactado en castellano)

4/12/2011

MON VASCO

Ramón Vasco Pardavila (Mon Vasco)

Escultor nado na Coruña en 1951 e falecido, na mesma cidade, en 1983. Pese a que o seu traballo comezou a ter unha maior difusión nos anos oitenta, a partir da súa inclusión no movemento Atlántica, o seu falecemento prematuro -con 32 anos- e o seu compromiso coas vangardas do momento obrigan a situa-lo seu  traballo no contexto dos anos setenta do século pasado, período no que, xunto Silverio Rivas, se converteu nun dos pioneiros da escultura abstracta en Galiza.


A morte dun dos seus irmáns, que se dedicaba ao debuxo e á talla, impresionouno fortemente cando aínda era un rapaz, co que decidiu iniciarse na escultura a partir dese momento. Para iso ingresou na Escola de Artes e Oficios da coruña, onde empezou a formarse en talla e madeira e, a principios dos anos setenta, a Fundación Juan March concedeulle unha bolsa de estudos para coñece-la escultura africana. Interesado polas teses que mantiñan que en África podía situarse o berce da humanidade, e que naquel momento sostiñan numerosos antropólogos e historiadores. MonVasco viaxou ao Senegal, Malí e Zambia. Coas influencias desta etapa traballou a madeira (sobre todo exótica, como o ébano e o pau vermello) e iniciou así unha etapa na que, partido das composicións antropomórficas e zoomorfas, se foi achegando cada vez máis á abstración.
De volta a Galiza participa na fundación do colectivo A Carón. Trasládase a Eivissa, onde vive algún tempo antes de regresar definitivamente á Coruña. Entre 1976 e 1977 a súa traxectoria deu un xiro radical, pois optou por orientarse cara á ensamblaxe de pezas de corte xeométrico, abstraccións nas que se podía observar unha influencia clara de Eduardo Chillida. En 1978 fundou con outros artistas o grupo La Galga e a partir dese momento iniciou un cambio de rumbo no seu traballo, caracterizado agora pola fusión de pedra e o ferro e pola mezcla de elementos contrarios como a masa e o baleiro ou a superficie e o volume, unha linguaxe que trasladou ao formigón.
Algunhas das súas esculturas forman parte, entre outras, de coleccións como a do Museo de Belas Artes da Coruña; da Fundación Juan March, de madrid; do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, de Sada; do Museo Bello Piñeiro de Ferrol ou da colección de arte da Xunta de Galiza.


Das súas obras públicas destacan o monumento a Pedro Barrié de la Maza no aeoroporto coruñés de Alvedro, o monumento conmemorativo do Ano Internacional do Neno (1979) nos xardíns de Méndez Núñez ou o monumento do Paseo Marítimo enfronte a  Casa dos Peixes de A Coruña (1980).
Realizou exposicións individuais en varios puntos de Galiza, en Bilbao e Madrid, participou en colectivas, destacando sobre todo as mostras do grupo Atlántica en 1980.