1/26/2009

POLONIA

Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

38.560.000

312.685 Km2

124 h/Km2

Varsovia

República parlamentaria

Polaco

Euro

Europa



Polonia é un país de Europa Central. Polonia é esencialmente un país chan, aínda que ao sur se alzan os montes sudetes, poucos elevados, e os Beskides. O centro do país recibe as augas dos ríos Vístula e Oder. O clima é continental, pero, por falta de barreiras montañosas, sofren acotío as ondas de frío siberiano. A agricultura, con cultivos de trigo, avea, cebada, legumes e árbores froiteiras; a minería, con depósitos de carbón, cobre, chumbo, ferro, gas natural e petróleo; e a industria sobre todo siderúrxica, mecánica, naval e téxtil,son os piares da economía polaca. Os polacos formaron un poderoso estado no centro de Europa no século IX. Este estado converteuse en imperio e acadou grande extensión ata o século XVII. Despois, quedou dividido entre Rusia, Prusia e Austria.Tras a I guerra mundial recobrou a independecia e tras a II guerra mundial quedou practicamente destruído polos ataques nazis desde 1947 estivo dirixido por un goberno comunista autoritario, pero as protestas dos traballadores ao longo dos anos 70 e 80 conseguiron unha política máis tolerantes e abertas,aínda que a situación económica mellorou.

1/22/2009

CHUS LAGO CHEGOU A VIGO DESPOIS DA CONQUISTA DO POLO SUR



A alpinista galega converteuse na primeira muller española en alcanzar o Polo Sur xeográfico (fazaña que conseguíu o pasado 8 de xaneiro).
Foi recibida onte en Vigo polo alcalde e moitos dos seus familiares e amigos. Esperábaa a súa tía cunha tortilla de patacas na man. E é que a alpinista afirmou que, en máis dunha ocasión no seu periplo pola Antártida, soñaba con comer ese manxar, o que lle axudou a "levar mellor" o sufrimento.
Chus Lago percorreu durante 58 días a Antártida. No ano 1999 escalou o Everest.
«Sutís» diferenzas entre a viaxe ao Polo de Alberto de Mónaco e o de Chus Lago
O Libro Guinness abre as súas páxinas á xesta do príncipe Alberto de Mónaco, que o 16 de xaneiro (oito días despois da alpinista Chus Lago) converteuse no ser humano que realizou a viaxe máis cómoda e pracenteiro ao Polo sur.

Basta comparar a súa proeza coa excusión da galega Chus Lago, uns días antes, para valorar a verdadeira dimensión da súa empresa, de 1.238 quilómetros de percorrido, polos 1.130 da aventureira. Ademais, a realeza monegasca poderá presumir de cubrir en dez días o camiño que Chus completou en 59.

Si, porque poucos recordarán o día de mañá en Mónaco o sutil detalle de que a expedicionaria realizou o percorrido sobre esquíes, desafiando co seu corpo refachos de vento de 150 quilómetros por hora, mentres o príncipe usou para desprazarse unha moto de neve que desafiou as inclemencias do tempo co parabrisas e da que se apeou tan só dez quilómetros antes do obxectivo para chegar ao Polo sur esquiando.

Tampouco merece a pena incidir demasiado no trineo (pulka) de 130 quilos de peso que tivo que arrastrar Chus Lago durante a viaxe para dispor de provisións. á fin e ao cabo o príncipe cargou cos prismáticos e a bandeira que no nome de Mónaco cravou sobre chan antártico. Para maior gloria da nobreza retratou o momento á beira dun pingüín emperador.

En canto ao adestramento, a alpinista galega preparouse previamente en países nórdicos, tirando de trineos cun peso similar á pulka para ir practicando, mentres o chofer do príncipe arrastrou o Rolls-Royce varias veces ata os próximos Alpes para que don Alberto familiarizásese co aire xélido, similar ao que atoparía na súa aventura.

Unha aventura que realizou acompañado por un experto explorador surafricano, que sempre é máis meritorio, xa que se asume unha responsabilidade dobre ao ter que coidar do acompañante.

1/21/2009

INTIFADA

Nin mel, nin dátiles, nin leite.
Apaña, mozo pedras
do granito de Derry en Cangas.
Que Rentería che poña vésporas nos ollos.
Alí está a svástica
de David, vergoña.
Que o deserto e os seus xenetes mortos
veña no teu socorro, mozo.
Apaña pedras, fillo,
e quéntaas entre a camisola e o ventre.
Leve o cantazo
cheiro nas súas micas a árabe colérico.
Non collas, mozo, rosas;
nin as escuras de Damasco nin as macias de Alexandría,
rosas sen arrecendo.
Pilla pedras, adolescente de nardo que non escancia copas
e ningunha qasida.
Érguete, sigue, bate, abáteos, insurrecto.
Expulsa Sión de Celanova,
mozo nacional-popular de Palestina escrava.
Nin mel, nin dátiles, nin leite.
Dispara, mozo, pedras.
Xosé Luís Méndez Ferrín, Era na selva de Esm (2005)

1/20/2009

LUXEMBURGO

Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de Goberno

Idioma

Moeda

Continente

(2007) 480.000

2.586 km2

175 h/km2

Luxemburgo

Monarquía constitucional

Luxemburgués, francés, alemán

Euro

Europa


Luxemburgo é un país de Europa occidental. O seu territorio divídese en Oestling, ao norte, que e un altiplano con moitos bosques; e Gutland, ao sur, tamén chan e con amplos vales. Os principais ríos son o Sûre e o Mosela. O clima e frío no norte e algo máis suave no sur. Os inportantes depósitos de ferro favorecen unha desenvolvida industria metalúrxica. Cultívanse cereais, patacas e vide. Luxemburgo foi fundado no ano 963 e en 1354 converteuse en ducado. Estivo baixo o dominio francés, español, autríaco e en 1867 logrou a independencia. En 1957 foi membro fundador da Union Europea.
Fonte: Enciclopedia básica do estudante, Ed. Everest

UCRAÍNA


Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

48.902.000

603.700 Km2

81 h/km2

Kiev

República presidencialista

Ucraíno (oficial), ruso

Hrivina

Europa

Ucraína é un país do leste de Europa. O relevo de Ucraína está conformado por unha extensa chaira, limitada ó oeste pola cordilleira dos Cárpatos. Os ríos máis importantes son o Dnepr e Dnestr. O clima é continental, é dicir, veráns cálidos e invernos fríos. A chaira de Ucraína é moi fértil, polo que se dan cultivos de trigo, remolacha, liño, patacas, etc. Ademais, hai depósitos de carbón e ferro, e industria metalúrxica e siderúrxica. Ucraína estivo baixo dominio de Polonia, Lituania e despois Rusia. A mediados do século XIX xurdiron movementos nacionalistas e en 1922 converteuse nunha das repúblicas que formaban a Unión Soviética. Independizouse en 1991 e forma parte da CEI. En 1986 producíuse na localidade de Chernobil un escape de radioactividade na central nuclear que ocasionou unha catástrofe.

Fonte: Enciclopedia básica do estudante, Ed. Everest.

UGANDA

Habitantes

Superficie

Densidade

Capital

Sistema de goberno

Idioma

Moeda

Continente

25.004.000

236.040 Km2

106 h/km2

Kampala

República presidencialista

inglés (oficial), luganda ou ganda

Xilin de Uganda

África

Uganda é un país do leste de África. Extensas mesetas ocupan gran parte do seu territorio e no oeste álzase o macizo Ruwenzori. Aínda que non ten saída ó mar, conta con importantes lagos como o Alberto, o Eduardo e parte do lago Vitoria; o seu río principal é o Nilo. En Uganda cultívase café, algodón e cana de azucre. Ademais, hai depósitos de cobre e wolframio, e industria téxtil e alimentaria. Uganda foi protectorado británico ata 1962, ano da independencia. O país tivo que sufrir a ditadura Idi Amin, ata que este foi derrocado en 1979.

Fonte: Enciclopedia básica do estudante, Ed. Everest.

1/17/2009

MORRE O ESCRITOR MANOEL RIVEIRO LOUREIRO


O día 15 de xaneiro faleceu na Coruña o escritor Riveiro Loureiro, un vocacional da escrita como el se definía, e a quen nos últimos anos tamén puidemos ver en diferentes programas da TVG.
Na súa autobiografía, na Biblioteca Virtual Galega, o escritor coruñés Manoel Riveiro Loureiro (A Coruña, 1933-2009) definíase como" un escritor vocacional, tal vez compulsivo, anque serodio, que só empezou a publicar tralo seu regreso dunha longa e non pouco azarosa emigración, na que se emborcou en moi distintas actividades. Admirador teimudo e confeso da noutrora formidable URSS, ten traducido ó castelán e ó galego diversas obras clásicas da literatura rusa, tanto de autores do século XIX coma de outros, aquí a penas coñecidos, da época soviética"

A súa voz é a que mellor define, con esa distante redacción en terceira persoa, a súa propia peripecia persoal, "Ós tres anos de idade, no verán do 36, perde ó seu pai. "Non morreu, que o mataron. Non morreu, que o mataron..." Así dicía en voz baixa a súa nai, cando ficaba estantía, procurando o cativo, asustado, falarlle a berros para arrincala de tal estado. A familia afonda na máis absoluta miseria. Ós dez anos deixa a escola, a Grande Obra do inefable Don Baltasar, no Campo da Leña, para integrarse de cheo no mundo laboral. O seu primeiro salario era de dúas pesetas, como neno de recados dun taller de costura. Metido despois nun traballo sucio (axudante do repartidor de "La Coruñesa. Carbonería Doméstica") chegou a dobra-lo seu salario: catro pesetas diarias.

Xa medrado, acada o seu soño de embarcar en pesqueiros, primeiro do día e despois do Gran Sol. Fai a mili (Cartagena, logo Ferrol), navega en mercantes estranxeiros, casa coa súa Encarna de sempre..., e por fin instálase con ela no Uruguai, anque adoita desprazarse (el só) por outros países. Marchan de Montevideo cos seus dous fillos (arestora teñen catro, e catro netas) en 1973, xusto a tempo de lle fuxir ó golpe dos milicos.

Tiña varios libros publicados e premiados en diferentes certames literarios, tanto contos como novelas. A súa máis recente obra publicada está recollida na colectanea "Volverlles a palabra, Homenaxe aos represaliados do franquismo".

Entre as mostras de dór feitas públicas están as da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da mesa pola normalización lingüística.

OBRA PUBLICADA

NARRATIVA
Pola ida e pola volta, 1977.
  • Terra sequeira, 1979.
  • O pau, 1982.
  • A moa, 1984.
  • As cereixas, 1988.
  • O patrón, 1990.
  • Caladamente, 1991.
  • O Peixoto, 1991.
  • Corpo canso, 1993.
  • A primeira pedra, 1994.
  • A volta de Castelao, 1995.
  • Benvidos, 1996.
  • Sabotaxe na Estaca de Bares, 1997.
  • O primeiro amor, 1997.
  • Benvidos, 1996.
  • A primeira pedra, 2000.
  • Xullo-agosto, 2005.
  • TEATRO

    A vinga, 1979.
    O coronel ten a quen lle escribir, 1989.
    O prazo, 1994.

    TRADUCIÓN

    Un heroe do noso tempo, Mijaíl Lermontov, 1989.
    Sete narradores soviéticos, 1991.

    1/16/2009

    VIVAMOS COMO GALEGOS


    É útil o uso do galego na publicidade. A cadea de supermercados "Gadis" apostou por ela a ti que che parece?

    1/14/2009

    A SORTE NUNHA RÚA DO NOSO BARRIO



    Os xogos de azar deixaron máis de 250.000 euros no barrio de Elviña nos últimos anos entre quinielas de fútbol, Lotería Nacional e cupóns da ONCE

    Podería ser a rúa coruñesa que recibiu máis millóns por metro cadrado. Varios negocios de Salvador de Madariaga foron agraciados nos últimos anos con premios de xogos de azar.

    «Te vou encargar que me compres a lotería durante os próximos oito anos», díxolle onte unha clienta a Roberto Vila, que onte viu como a súa clientela se incrementou notablemente despois de ser un dos afortunados no sorteo especial da lotería celebrado o pasado sábado. O propietario do Bar Zas de Rei foi agraciado co premio gordo do sorteo especial da Lotería Nacional. Pero non era a primeira que a sorte chamaba á súa porta. O 18 de maio do 2000, posuía dous cupóns gañadores da ONCE. «Os cupóns premiados estiveron días aquí no bote sen saber que me tocaran, non foi ata que viño a cambialos polos da semana seguinte que nos demos conta», conta Roberto que hoxe, nove anos despois aínda conserva fotocópiaa do 20668, que lle deu dez millóns das antigas pesetas.

    Naquela ocasión investiu o premio no local que hoxe regenta, na casa e no coche. «O típico», indicou o pasado sábado cando aínda pasaran moi poucas horas desde que volvera a toparse coa sorte para saber que destino que lle daría aos millóns nesta ocasión.

    Outro punto da zona que concentra un dos índices máis altos de fortuna é a esquina da rúa onde sitúase o Bar Alfil. Era o ano 96 cando Concha Becerra recibiu un décimo dun secretario de Industria. Nesa ocasión non tivo sorte, pero a cambio Cuncha comprou dous décimos, que foron premiados cun soldo mensual de cen mil pesetas durante dous anos. «Aquel señor non sabía que a miña muller lle comprara un décimo, se díxoo cando xa tocara», comenta Enrique. Este matrimonio obtivo o premio grazas a que posuía o número posterior ao premiado, pero o premio ao número enteiro tamén se quedou perto. «Tocoulle ao da comisaría de policía que fai uns anos estaba aquí, e a un bar da zona», lembra Cuncha.

    Os hai que decidiron agruparse para ver se se contaxian coa sorte. Fai cinco anos que a clientela do ultramarinos Mejide decidiu crear unha pena para desafiar ao azar. O balance é positivo. En dous anos foron agraciados con dous premios do cupón da ONCE. «Sempre xogamos aos mesmos números ao 38503 e ao 85157, sempre tocou o 7 pero eu teño a impresión de que vai saír o 3», di Milagres Seoane. Fixo que non se equivoca, pero de momento os 31 integrantes da pena xa se repartiron máis de sesenta mil euros. «Se ollas entre todos os que repartímolo non sae a moito, pero bo dá para tapar buracos». O pai de Óscar Núñez gustáballe tentar á sorte semanalmente. O propietario da churrería Núñez, situada no número 8 da rúa, lembra que fai dez anos o seu pai foi agraciado co pleno ao quince da quiniela de fútbol. «Non lembranza canto tocoulle, pero non foi a única vez, noutra ocasión tocáranlle seiscientas mil pesetas e outra vez cinco ou seis millóns de pesetas da Lotería Nacional», sinalou Óscar Núñez.

    Os millóns non só aterraron nos establecementos da zona, varios veciños do barrio de Elviña viron incrementar as súas contas correntes grazas ao azar. «Parece a milla de ouro», chanceaba onte un dos traballadores do edificio de novos ministerios. «Hai varios veciños que tocoulles en varias ocasións a lotería pola zona», apunta Concha Becerra, da cafetería Alfil. Entre eles, o barbeiro que fai uns anos regentaba a perruquería situada no número 8. Na actualidade, o local foi traspasado pero os empresarios da zona aínda lembran que este veciño fora agraciado no 1986 cando o gordo da Lotería Nacional deixou Na coruña 42 millóns de euros. Ao igual que este negocio, varios traballadores do edificio de Mapfre situado na avenida de Alfonso Molina, a escasos metros da rúa Salvador de Madariaga, tiñan participacións do 56320, grazas a un traballador da refinería.

    María Vidal La Voz de Galicia.13/1/2009

    O PASATEMPO DE BETANZOS


    O parque temático O Pasatempo situado nas aforas de Betanzos é un parque enciclopédico, creado en 1893 e que foi parcialmente reformado recentemente.
    Na súa orixe tiña un tamaño de 90.000 m2, pero actualmente consérvase unha décima parte trala longa ruína da posguerra. Foi un ambicioso proxecto cun enorme xardín, estanques, un parque zoolóxico e colosos de pedra.

    Obra dos irmáns García Naveira, emigrantes retornados da Arxentina. O Parque do Pasatempo betanceiro contén grutas, pasadizos soterráneos, o estanque do Retiro, murais policromádos que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da canle de Panamá, un buzo escafandrista, a pirámide de Keops no testemuño dunha xira por Exipto, o mural España monárquica e súas 18 Fillas Republicanas, a homenaxe á Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos como un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león e un xardín botánico.
    Merece a pena que fagadas unha visita a esta obra de enorme importancia dentro do patrimonio artístico de Galicia.

    AFGANISTÁN


    Poboación: 22.132.000 habitantes

    Superficie: 652.090 Km2

    Continente: Asia

    Densidade: 33 h/Km2

    Sistema de goberno: Emirato Islámico

    Capital: Kabul

    Idioma: Patsu, persa afgano ou dari, uzbeko.

    Moeda: Afganí

    Afganistán é un país situado ó sudoeste de Asia. É un país montañoso (cordilleiras de Hindukush, Hazarajat…), pero tamén ten desertos como o Rigestan. Os seus ríos máis importantes son Hari, Helmand e Farah. Hai unha gran variedade étnica, o que supón tamén gran variedade cultural. Aínda que só unha décima parte do país é fértil o principal medio de vida é a agricultura: cultívanse cereais, algodón e vide. Afganistán non ten unha industria desenvolvida a máis importante é a téxtil. Son famosas as súas artesanías en abrigos de pel e alfombras. Ademais, Afganistán é o primeiro produtor mundial de lapislázli. Ö longo dos séculos, diferentes pobos gobernaron o país: árabes, mongois, iranios e afganos. No século XIX Reino Unido e Rusia pugnaban por dominalo. Desde 1907, Afganistán foi un protectorado británico, aínda que en 1922 e, tras algúns levantamentos, acadou a independencia. Sucedéronse despois os gobernantes e tamén os conflitos. As tropas soviéticas invadiron o país en 1979 e non se retiraron ata 1989; porén, o país segue inmerso en loitas entre os distintos grupos étnicos e relixiosos.

    Tras os atentados terroristas que tiveron lugar nos EE_UU en setembro de 2001, o país sufríu bombardeos de forzas estadounidenses, europeas e australianas, en represalia polo apoio talibán a Osama bin Laden, dirixente do grupo terrorista Al-Qaida, responsable dos atentados.



    Fonte: Enciclopedia básica do estudiante. Ed. Everest.

    Redactado por: Luis Fernández Souto (3º Diver.)

    1/11/2009

    Bicenteranio da batalla de Elviña

    A batalla de Elviña tivo lugar o día 16 de xaneiro de 1809 (polo tanto este ano celebramos o seu bicentenario), nos arredores da cidade da Coruña, entre tropas francesas conducidas polo xeneral Soult, que obtiveron a vitoria, e tropas británicas mandadas polo xeneral John Moore, que perdería a súa vida no combate. Na historiografía internacional este choque é coñecido como batalla da Coruña.
    A batalla inscríbese no contexto das guerras napoleónicas, e particularmente no da Guerra da Independencia española ou tamén Guerra Peninsular ao ser inseparábel a contenda dos episodios ocorridos á vez en España e Portugal.

    A Grande Arméé en España

    Despois da derrota francesa na batalla de Bailén o 19 de xullo de 1808, o mesmo Napoleón Bonaparte decidíu solucionar a resistencia peninsular entrando no seu territorio ao mando da Grande Armée. Mentres, en Portugal despois da Convención de Sintra, o xeneral John Moore foi posto á fronte das tropas británicas alí acantoadas.



    Entrada de Moore en España


    En novembro de 1808, Moore abandonou Portugal, entrando en España á altura da provincia de Salamanca e situándose á altura de Valladolid, con o obxectivo de aliviar a presión francesa sobre Madrid atraendo sobre o seu exército as tropas galas. Ignoraba nesa altura que Napoleón xa entrara en Madrid o 4 de decembro. Moore sofreu o afustigamento das unidades de Soult, quen informou a Napoleón dos movementos británicos; este desexoso dun encontro directo con tropas do Reino Unido, virou cara o Noroeste á caza de Moore.

    Retirada de Moore cara Galicia

    Iniciouse así a retirada do exército inglés cara Astorga, ante a imposibilidade de facer fronte a forzas moi superiores, mentres se enviaba aviso á frota británica, para que o recollese en Vigo ou na Coruña. Moore chegou a Astorga o 24 de decembro, onde se lle uníu o corpo de tropas galegas do marqués de la Romana, que abandonaran León, ante a ameaza francesa. Moore e De la Romana conferenciaron, o 30 de decembro de 1808, sobre a posibilidade de facerlle fronte conxuntamente aos franceses no arco montañoso que arrodea o Bierzo, porén sería Moore quen se negaría a facelo. As súas tropas estaban esgotadas, o que non empecía que mostrasen signos de indisciplina, que se prolongaron durante o resto do camiño.
    Requerido por acontecementos no centro de Europa, Napoleón que chegara a Astorga o día 1 de xaneiro de 1809, abandonou esa cidade o día 3; deixando a Soult ao mando do 2º corpo do exército, formado por uns 25.000 homes e 54 cañóns, con encargo de perseguir a Moore, mentres o xeneral Ney, con o 6º corpo, tamén con cerca de 25.000 soldados e 30 pezas de artillaría, acompañábao a fin de emprestarlle auxilio e reafirmar a ocupación de Galicia.

    Moore en Galicia

    En consecuencia as tropas de Moore e De la Romana, dirixíronse cara Galiza, mais no Bierzo dividíronse. De la Romana entrou no país galego polo Valdeorras, e logo de rexeitar a súa reatagarda, ao mando do xeneral Mendizábal, o ataque francés da cabaleiría do xeneral Franceschi, na Ponte de Domingo Flórez, situou o seu cuartel na Proba de Tives (6 de xaneiro de 1809); precedeuno un corpo de tropas británicas, desprendido do principal de Moore, duns 5.000 homes, ao mando dos xenerais Craufurd e Von Alten, que alcanzaría o porto de Vigo (12 de xaneiro de 1809), logrando embarcar nos buques da Royal Navy.
    Mentres o groso das tropas de Moore, entrou no territorio galego através do porto de Pedrafita, dirixíndose cara Lugo (7 de xaneiro de 1809), e posteriormente a Betanzos.

    Moore na Coruña

    Moore chegou, por fin á Coruña o día 14 de xaneiro de 1809. Porén as súas tropas non puideron embarcar inmediatamente, pois o mal estado da mar, impedíu que a frota británica puidese atracar no porto.
    Ante a inminente chegada das tropas francesas, Moore tomou disposicións para dificultar o acceso das mesmas, facendo voar a ponte do Burgo, sobre o río Mero. Mais parte dos franceses cruzaron ese río polo pequeno pontillón de Cela, no concello de Cambre, á par que repararon a ponte do Burgo para o día 15 de xaneiro.

    A batalla

    Como o choque bélico fose inevitábel, Moore dispuxo as súas tropas, uns 16.000 soldados, pero con só 9 pezas de artillaría, en tres alturas. Situou unha primeira liña sobre o monte Mero ; unha segunda sobre os montes de Santa María de Oza; e a terceira sobre o monte de Santa Margarita. En medio ficaba o val da freguesía de Elviña, que foi o centro dos ataques.
    Soult dispuxo para o ataque de 12.000 soldados de infantería e 4.000 homes da cabalo, estes en parte trabados polas dificultades do terreo. Dispuña porén de avantaxe artilleira, ao poder contar con 20 canóns.
    O mesmo día 15, uns 500 fusileiros franceses, sob o mando do xeneral Jardon, iniciaron ataques no monte Penasquedo, e tomaron o monte Mero.
    A batalla iniciouse na tarde do día 16 de xaneiro, tendo lugar os máis duros combates pola posesión da aldea de Elviña, da que se apoderaron os franceses na caída da noite, e avanzaron para a aldea de Palavea. Caeu ferido o xeneral inglés Baird, entanto o propio Moore foi ferido moi gravemente pola bala dun cañón, morrendo dúas horas despois. Durante esa mesma noite as tropas británicas, foron embarcando, aínda que os barcos foron cañoneados pola artillería francesa no amencer do día 17.

    Consecuencias

    Ese mesmo día 17 de xaneiro de 1809, Soult entrou na cidade da Coruña, que capitulou ao mando do xeneral Alcedo.
    En total os franceses perderon uns 1.200 homes e os británicos uns 900, pero estes perderan ao longo da súa penosa retirada desde Castela uns 8.000 soldados.
    Aínda así a presenza das tropas napoleónicas na cidade e no conxunto de Galicia durará moi pouco tempo (seis meses máis) ao ser derrotados os franceses polo pobo galego na Batalla de Ponte Sampaio (situada esta localidade entre Vigo e Pontevedra).

    KANOUTÉ FESTEXA UN GOL ANTE O DEPORTIVO APOIANDO A CAUSA PALESTINA


    Non é doado atopar actos de solidariedade, por parte dos deportistas profesionais, con causas relacionadas coa opresión e masacres de pobos como o caso de Palestina.
    O xogador sevillista Kanouté festexou o seu gol ante o Depor no partido de ida da copa de Rei mostrando a camiseta de apoio á causa Palestina. Foi multado con 3000 €.

    1/07/2009

    FORMACIÓN PROFESIONAL



    En Galicia, só o 35% dos estudantes que finalizan a ESO cursan despois ciclos formativos



    Nalgunhas familias profesionais, como comercio ou madeira, non se cubriron máis do 40% das ofertadas

    Educación propúxose como obxectivo que a metade dos alumnos que finalizan a educación secundaria obrigatoria (ESO ) decántense pola formación profesional. Nestes momentos só fano o 35,7% dos estudantes, unha taxa moi distante de países europeos como Gran Bretaña ou Finlandia. No primeiro dos casos tres de cada catro mozos estudan ciclos formativos, e no país finés fano máis da metade dos alumnos.

    Con todo, non será unha tarefa fácil. Algunhas familias de FP presentan unha porcentaxe de vacantes similar ao dalgunhas carreiras universitarias que ocupan titulares de xornais pola súa baixa demanda. En total, máis do 21% das prazas ofertadas este curso en FP quedaron libres: 4.121 dun total de 19.552, o que supón que non se ocupou unha quinta parte da oferta. A pesar de que a cifra é elevada, reduciuse respecto de anos anteriores. No 2004, por exemplo, nos ciclos de grao medio superábase o 30% das prazas sen cubrir.

    Do mesmo xeito que ocorre na universidade, hai estudos de FP onde a demanda supera con fartura á oferta e ao revés. Por exemplo, en comercio e mercadotecnia quedan libres máis do 40% das prazas ofertadas en ciclo medio, e en actividades agrarias supérase o 36%. En administración, o número de vacantes tamén excede o 37%, mentres que en informática de ciclo superior case o 40% das prazas quedaron libres, e en madeira e moble practicamente a metade. Estas cifras contrastan coas de familias onde as listas de espera son habituais. é o caso de imaxe persoal en ciclos superiores, unha familia onde as vacantes non chegaron nin ao 4%, ou comunicación, imaxe e son, na que apenas se superou o 8% de prazas libres.

    Pero os estudos con máis alumnado non son necesariamente os que teñen unha maior inserción laboral. Hainos moi demandados polas empresas, pero pouco atractivos para os estudantes. Este desfasamento provocou que a Consellería de Educación leve anos incentivando con bolsas aos mozos que se decanten por este tipo de titulacións, que define como ciclos non vocacionais. Entre eles figuran ramas de actividades agrarias e marítimo pesqueiras, mantemento e servizos á produción, téxtil e pel, ou edificación e obra civil. En casos como o primeiro, polo menos este curso si se logrou un nivel de ocupación elevado, aínda que outros como téxtil seguen tendo moitas vacantes.

    O novo modelo

    O novo Plan Galego de Formación Profesional, presentado en abril do 2008, ten entre os seus obxectivos precisamente adecuar a oferta á demanda existente. Para iso, estruturarase Galicia en quince áreas xeográficas para así adaptar cada estudo ás demandas das empresas e do tecido produtivo da zona. Con isto tamén se evita que haxa moitas duplicidades de ciclos, xa que ata agora a demanda estruturábase en concellos, polo que municipios limítrofes podían presentar unha oferta moi similar, nin sequera demandada polos alumnos.

    A formación continua ao longo de toda a traxectoria profesional vai ser outro dos eixos nos que faga fincapé este plan, que prevé un investimento duns 700 millóns ata o ano 2011. Neste sentido, cobran moita importancia os itinerarios personalizados, que permiten que o alumno (neste caso os traballadores) elixa módulos dun ciclo e non todas as materias, e os vaia cursando en función das súas necesidades laborais.

    Finalmente, a nova política de FP insiste tamén no autoemprego e na acreditación con carnés de competencia daqueles traballadores que aínda non tendo o título académico, si teñen o coñecemento suficiente para obtelo en base á súa experiencia profesional.

    O NENO DO PIXAMA A RAIAS MORRE EN GAZA O DÍA DOS INOCENTES


















    Fálase moito nestes tempos da memoria histórica. Parece que o estado israelí perdeu xa hai máis de 60 anos a súa memoria. O que eles padeceron nese holocausto da opresión nazi o están a cometer na actualidade co pobo palestino. O 28 de decembro festexaron a matanza dos inocentes.

































    A MATANZA DOS INOCENTES (PINTURA MURAL NA CATEDRAL DE MONDOÑEDO)