2/10/2009

CREPÚSCULO







Esta película é unha das que das mellores que poiden ver na miña vida. Trata dun amor que ten moitas dificultades ó seu redor. O protagonista que se chama Edward é un vampiro e a rapaza que está namorada del, a outra protagonista da película, chamase Bella.
Causou un gran impacto no cine aínda que xa o fixera en EE.UU., as rapazas da miña idade ou aínda máis pequenas se lle preguntas pola pelicula todas che dirán que lles encanta e que xa leron os libros todos.
O único que podo dicir sobre esta película é que e marabillosa e que lla recomendo a todo o mundo que a vexa e, por suposto, que lean os libros porque a verdade e que son fantásticos.
Outra cousa que tamén podo dicir é que o protagonista Edward escríbelle unha nana a Bella e presentovos un vídeo dela para que a poidades escoitar xa veredes como vos gusta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario