2/10/2009

GÜIANA




Habitantes 764.000
Superficie 214.970 km
Densidade 23 h/km2
Capital Georgetown
Sistema de goberno República presidencialista
Idioma Inglés (oficial), portugués, chinés, hindú, varios dialectos amerindios
Moeda Dólar de Güiana
Continente América do Sur

Güiana é un país de América do Sur. O seu territorio elévase ó sur, nos montes Kamoa, e ó oeste, onde están os montes Pakaraima, continuación dos montes Roraima de Brasil. O seu principal río é o Essequibo, que cruza o país de sur a norte. O seu clima é cálido e húmido. A agricultura, con cultivo de cana de azúcar, arroz, bananeira, café e coco, e as explotacións de bauxita, ouro e diamantes son as principais fontes de ingreso do país. Os primeiros europeos que chegaron a Güiana foron os holandeses, no século XVI. Seguíronos franceses e británicos, que trouxeron escravos para traballar nas plantacións de cana de azucre. Cando se aboliu a escravitude en 1834, chegaron traballadores de Portugal, India e China. En 1966 alcanzou a independencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario