Habitantes Superficie Densidade Capital Sistema de goberno Idioma Moeda Continente | 601.000 11.347 km2 53 h/km2 Doha Emirato autoritario Árabe Riyal Asia |
Qatar é un país do oeste de Asia, situado na península Arábiga. O seu relevo caracterízase por grandes extensións desérticas que alternan con outeiros baixos. Non hai ríos e, por iso, teñen que tratar a auga do mar e quitarlle o sal para poder consumila. O clima é desértico, con altas temperaturas e escasas chuvias. O principal recurso do país son os depósitos petrolíferos. Tamén hai pesca e industria de conxelación de peixes e fertilizantes. Qatar dependeu primeiro de Bahrain e desde 1916 foi protectorado británico. En 1971 acadou a independencia.
Fonte: "Enciclopedia básica do estudante" Ed. Everest
Ningún comentario:
Publicar un comentario