1/14/2009

AFGANISTÁN


Poboación: 22.132.000 habitantes

Superficie: 652.090 Km2

Continente: Asia

Densidade: 33 h/Km2

Sistema de goberno: Emirato Islámico

Capital: Kabul

Idioma: Patsu, persa afgano ou dari, uzbeko.

Moeda: Afganí

Afganistán é un país situado ó sudoeste de Asia. É un país montañoso (cordilleiras de Hindukush, Hazarajat…), pero tamén ten desertos como o Rigestan. Os seus ríos máis importantes son Hari, Helmand e Farah. Hai unha gran variedade étnica, o que supón tamén gran variedade cultural. Aínda que só unha décima parte do país é fértil o principal medio de vida é a agricultura: cultívanse cereais, algodón e vide. Afganistán non ten unha industria desenvolvida a máis importante é a téxtil. Son famosas as súas artesanías en abrigos de pel e alfombras. Ademais, Afganistán é o primeiro produtor mundial de lapislázli. Ö longo dos séculos, diferentes pobos gobernaron o país: árabes, mongois, iranios e afganos. No século XIX Reino Unido e Rusia pugnaban por dominalo. Desde 1907, Afganistán foi un protectorado británico, aínda que en 1922 e, tras algúns levantamentos, acadou a independencia. Sucedéronse despois os gobernantes e tamén os conflitos. As tropas soviéticas invadiron o país en 1979 e non se retiraron ata 1989; porén, o país segue inmerso en loitas entre os distintos grupos étnicos e relixiosos.

Tras os atentados terroristas que tiveron lugar nos EE_UU en setembro de 2001, o país sufríu bombardeos de forzas estadounidenses, europeas e australianas, en represalia polo apoio talibán a Osama bin Laden, dirixente do grupo terrorista Al-Qaida, responsable dos atentados.



Fonte: Enciclopedia básica do estudiante. Ed. Everest.

Redactado por: Luis Fernández Souto (3º Diver.)

1 comentario:

  1. O artigo está ben pero creo que o autor debería traballar máis.

    ResponderEliminar