
O parque temático O Pasatempo situado nas aforas de Betanzos é un parque enciclopédico, creado en 1893 e que foi parcialmente reformado recentemente.
Na súa orixe tiña un tamaño de 90.000 m2, pero actualmente consérvase unha décima parte trala longa ruína da posguerra. Foi un ambicioso proxecto cun enorme xardín, estanques, un parque zoolóxico e colosos de pedra.
Obra dos irmáns García Naveira, emigrantes retornados da Arxentina. O Parque do Pasatempo betanceiro contén grutas, pasadizos soterráneos, o estanque do Retiro, murais policromádos que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o
Merece a pena que fagadas unha visita a esta obra de enorme importancia dentro do patrimonio artístico de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario