12/11/2008

BURKA
O termo burka ou burqa pode referirse a dúas formas de roupa tradicional usadas polas mulleres nalgúns países musulmáns:
  • A primeira é un tipo de veo que se ata á cabeza, sobre un cobertor de cabeza e que cobre a cara fóra dunha raxa nos ollos para que a muller poida ver a través dela.
  • A outra é unha peza coñecida como burka completo, burka afgán ou, en ocasións, chador, a cal cobre o corpo e cara por completo.

As dúas clases de burka son utilizadas por algunhas mulleres musulmás como unha interpretación do código de vestido do hiyab.
O burka completo foi obrigatorio en Afganistán baixo o mandato dos talibáns, impoñéndose desta forma un tipo de peza xa que cobre os ollos cun "veo tupido" que impide a que a usa que poida ver normalmente, posto que o "enmallado" que a compón limita a visión lateral facendo perder a localización espacial. O burka afgán exerce unha forte presión (peso) sobre a cabeza; a extensión media desta peza é ata altura dos pes para cubrir todo o corpo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario