12/11/2008
CONTO DE NADAL
Este "clásico entre os clásicos do Nadal", unha das máis coñecidas obras do xenial escritor Charles Dickens, da que se editaron numerosas edicións ilustradas en todos os idiomas e que foi levada ao cine en máis dunha ocasión (incluíndo debuxos animados), nárranos a historia do Señor Scrooge, un avaro comerciante que odia as festas Do Nadal, desprezando todo o que teña que ver con elas.
O Señor Scrooge vive só e amargado, facendo a vida imposible a todos cantos lle rodean. A súa falta de sentimentos e o seu enorme egoísmo son tales que, unha noite, en vésperas de Nadal, aparécenselle tres espíritos que lle mostran o seu pasado, o seu presente e o seu futuro.
Ver toda a súa vida pasar como nunha película, e ser consciente das consecuencias dos seus actos, lévanlle a enfrontarse consigo mesmo e a converterse nun home completamente distinto neste marabilloso ?Conto de Nadal?.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario